DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

O piloto de Monforte sube postos na etapa máis longa do rallye polo deserto de Arabia Saudí

 

Con boas sensacións remataba Edu Iglesias a xornada deste mércores 5 de xaneiro no Rally Dakar 2022, no que se disputaba a etapa máis longa da carreira polo deserto de Arabia Saudí, con 465 km de especial e 243 km de ligazóns.

“Na primeira parte da etapa eran pistas rápidas e sinuosas sobre grandes plateaus con moita navegación e algo perigosa, para logo entrar nunha zona de cordóns de duna, algún cortadas pero sinxelas ao estar a area mollada pola choiva dos pasados días”, explican dende o equipo do piloto monfortino. Tras o segundo refueling, nos últimos 100 km houbo cambio de escenario con moitas pistas dentro de ríos secos, pero que nalgúns casos tiñan auga e bastante zona de barro.

“Edu atopouse hoxe moi ben na moto, conseguindo un mellor ritmo e boas sensacións. P. 86 na etapa e P. 97 na xeral. Na categoría de Rallye 2 é P. 59 e está P.70 na xeral “, aseguran dende o Team Monforte Rally, recoñecendo que están moi contentos e recuperando forzas para a seguinte etapa.

 

 

Etapa 5

Riyadh-Riyadh Enlace: 214 km. – Especial: 346 km. Etapa en bucle que ten a particularidade de que na etapa non haberá coches (que farán a etapa que as motos teñen que facer na etapa 6) isto permitirá mellorar o ritmo ás motos ao non verse adiantados polos coches de arriba a metade da especial co perigo que iso conleva.

Fotos e vídeo: Team Monforte Rally

Artigos relacionados

Back to top button