SanidadeÚltima hora

O piloto monfortino Edu Iglesias é operado con éxito trala caída na etapa prólogo do Rally Dakar

O traumatólogo deportivo Adrián Gallego Goyanes era o encargado de intervir ao tres veces campión da proba na modalidade de moto, dunha fractura nas dúas clavículas

O piloto Edu Iglesias e o traumatólogo deportivo Adrián Gallego.

 

O piloto natural de Monforte de Lemos Edu Iglesias, dispoñíase a disputar o seu cuarto Rally Dakar consecutivo cando sufriu unha caída coa súa moto na etapa prólogo que se disputaba en Arabia Saudita.

O traumatólogo deportivo Adrián Gallego Goyanes era o encargado de intervir ao tres veces campión da proba na modalidade de moto, dunha fractura nas dúas clavículas no Hospital Ribeira Polusa de Lugo. “Iglesias posúe unha fractura desprazada con terceiro fragmento na súa clavícula esquerda para o que o doutor Gallego realizou unha redución aberta e osteosíntese con placa reformada, logrando unha excelente redución de fractura e terceiro segmento”, explican dende o hospital, engadindo que para a fractura da clavícula dereita sobre unha consolidación viciosa por fractura previa non intervida “realizouse unha redución aberta e osteosíntesis a medida xa que non se dispón de placas preformadas para este caso. Desta forma logrouse unha excelente redución da fractura”.

“Tras boas sensacións cirúrxicas e a expensas da correcta consolidación e evolución postoperatoria, ao intervir este tipo de fracturas logramos unha recuperación precoz”, explica o especialista en traumatoloxía deportiva Adrián Gallego Goyanes. Tras a intervención o paciente puido saír do hospital sen cabestrillo e con movementos controlados. “En canto se retiren as suturas poderá comezar con exercicios máis demandantes e nunhas semanas poderá volver á súa actividade normal”, destaca Gallego Goyanes.

 

Artigos relacionados

Back to top button