
Eduardo Iglesias volve por sexta vez a correr o Rally Dakar, sendo o único participante galego na categoría de motos e farao de novo co dorsal número 38.
Eduardo Iglesias tiña unha idea inicial da súa retirada dos rallyes máis importantes e duros do mundo, pero os patrocinadores e afeccionados animáronlle un ano máis a participar no Rally Dakar 2025. O piloto monfortino recoñece que “é unha modalidade que engancha” e espértalle curiosidade e emoción o novo percorrido e aventura deste novo ano no rally.

Para a sexta edición do Dakar en Arabia Saudita perfílase como a máis esixente ata a data, tanto para os pilotos como para as máquinas. O Dakar 2025 terá lugar do 3 ao 17 de Xaneiro entre Bisha e Shubaytah. O alto nivel de dificultade mantense nesta nova edición, en particular co novo desafio “48h chrono”, unha etapa maratón tradicional e unha estancia de tres días no Empty Quarter, onde finalizará o rally. Os equipos do Dakar tamén se esforzaron en deseñar percorridos de especiais que separen as categorías durante polo menos cinco días e en ofrecer varias etapas en bucle.
O piloto monfortino Eduardo Iglesias marca como principal obxectivo volver finalizar o Rally máis duro do mundo como logrou en catro ocasiones, xa que, debido ao nivel de dureza e risco desta carreira, en só unha ocasión, debido a un accidente non terminou a edición do ano 2023. O fin deste Rally Dakar 2025 é “finalizalo e mellorar a clasificación destes anos anteriores na categoría de moto”.



