DeportesMotociclismoÚltima hora

O piloto monfortino Eduardo Iglesias acada o posto 89 na xeral antes da etapa de descanso

Edu Iglesias na etapa 6 do Dakar 2021.

 

Na 6ª etapa do Dakar 2022, último escollo antes da xornada de descanso, os coches e as motos arrincaron as súas respectivas especiais ao mesmo tempo, a partir das 7:45 horas. Aínda que os coches tiñan como sempre as referencias do paso das motos, para as motos na cabeza, afeitas enfrontarse a pistas virxes ou só transitadas por algúns dos seus homólogos saídos antes, foi un exercicio diferente e pouco habitual. O groso do percorrido cronometrado xa estaba marcado polo paso das categorías FIA da véspera. Trátase de pegadas que, acentuadas en ocasións pola intemperie, volveron impracticable o terreo nalgúns tramos, obrigando á Dirección de carreira a poñer punto e final á especial de motos na chegada á primeira neutralización común, no km 101.

 

 

Nese punto remataba a xornada deste venres 7 de xaneiro o piloto de Monforte Eduardo Iglesias que hoxe volvía presentar algunha molestia. “Era unha etapa na que había bastante pedra e resentiuse un pouco da caída do outro día polo que se viu beneficiado pola paralización da carreira”, explican dende o seu equipo. Ao final, Edu fixo P. 73 na etapa de hoxe e é P 89 na xeral.

Mañá toca etapa de descanso para repoñer forzas e facer o mantemento da moto.

Fotos e vídeo: Monforte Rallye Team.

 

Artigos relacionados

Back to top button