O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu hoxe, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Eduardo Iglesias, piloto monfortino de motos que participou na última edición do Rally Dakar, disputado en Arabia do 5 ao 17 de xaneiro deste ano 2020.
Na visita, o piloto monfortino, acompañado por Jesús Veloso, fíxolle entrega ao alcalde do dossier no que se recollen todos os aspectos da súa participación na última edición do Rally Dakar: fotografías, presenza nos medios de comunicación nacionais e internacionais, ou detalles técnicos, entre outros aspectos. O dossier foille entregado ao rexedor municipal tanto en edición en papel como en formato dixital, a través dun lápis electrónico.
“Cabe recordar que Eduardo Iglesias foi o primeiro piloto monfortino en participar nesta emblemática carreira, unha dura competición na que Iglesias logrou non só concluír o rally, senón tamén rematar por debaixo do top 100, concretamente no posto 94”, explican dende o Concello.