DeportesFútbol salaGalerías de fotosPizarras Los Tres CuñadosÚltima horaVídeos

O Pizarras 3 Cuñados FS lévase o derbi co Vianariño FS disputado no Barco

Cun contundente 5-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 21 de abril no pavillón de Calabagueiros

 

Non cambiou a posición na táboa, un en postos de play off e o outro no fondo da táboa, pero na tarde deste domingo 21 de abril o partido de fútbol sala disputado no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco, foi para o equipo local, o Pizarras 3 Cuñados FS, que vencía con contundencia ao Vianariño FS.

 

 

Era un partido especial para ambos equipos, non só porque se acerca o final da liga na preferente Galicia, senón porque se trataba do segundo derbi da tempada entre dous equipos con ex compañeiros nos planteis; e sobre todo porque o adestrador do Vianariño, Xocas Miranda, foi durante anos o técnico do 3 Cuñados.

 

Pizarras Tres Cuñados FS.

 

E así, con cordialidade e deportividade pero tamén tensión, se desenvolvía un partido no que os locais, ben situados, lograban desmantelar os intentos dos visitantes de cara á portería sendo Cotarelo que abría o marcador para os brancos no minuto 17. Co 1-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestirario os valdeorreses seguían sumando con sendos goles de Arranz no 23′ e no 26′. No minuto 35 Monteagudo recurtaba distancias cun gol para o Vianariño pero tres minutos despois Hamza poñía o 4-1 e acto seguido Sierra sentenciaba o encontro co 5-1 final.

 

Vianariño FS.

 

Con este resultado o Vianariño FS mantense no 5º posto sa clasificación á espera do seguinte partido en casa contra o Poio Pescamar. O Pizarras 3 Cuñados FS segue sendo o faroliño vermello e na seguinte xornada xogará de novo en casa contra o Cesures.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button