CulturaCulturaÚltima hora

O Pizarras los Tres Cuñados FS e o colexio Pablo VI tamén colaboran coa axuda humanitaria a Ucraína

Xogadores do equipo sénior do Pizarras Los Tres Cuñados FS./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Valdeorras sempre se caracterizou por ser unha comarca solidaria e estes días esta cualidade estase ratificando con numerosas iniciativas de apoio ao pobo ucraíno.

Nesta ocasión falamos de dúas entidades que colaboran coa axuda humanitaria. Unha delas é o club deportivo Pizarras Los Tres Cuñados FS que colabora coa recollida de materiais e alimentos que a poboación ucraína necesita urxentemente nestos momentos tan difíciles que está pasando. Tal como explican, todo aquel que queira contribuír pode deixar o material no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras “de paso que levades ou recolledes aos nenos”. Poden entregarllo aos monitores do club ata o venres ás 19:30h (última hora semanal de adestramentos do club) porque o luns día 14 sairán rumbo a Polonia.

 

 

Pola súa banda, o colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA). “O material que nos chegue enviarémolo a Ourense a través de Protección Civil”, adiantan dende o centro escolar.

Artigos relacionados

Back to top button