DeportesÚltima hora

O Pizarras Los Tres Cuñados FS homenaxeará a “Jess” Carrera no partido de 1/4 de final da Copa Galicia

O encontro ante o Noia Portus Apostoli F.S. disputarase mañá, 7 de setembro, ás 20h. no pavillón de Calabagueiros (O Barco)

 

Plantel do Pizarras Los Tres Cuñados FS. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O primeiro partido oficial en casa desta tempada para o Pizarras Los Tres Cuñados FS que se disputará mañá, 7 de setembro no Barco, será moi especial. Non só por ser cando o equipo valdeorrés celebre, por terceiro ano consecutivo, o memorial en homenaxe ao seu xogador Jesús Carrera “Jess”; senón porque será o partido de pase á Final Four da XXIX Copa Galicia. “Unha circunstancia que ademais, fará do partido un encontro ineludible que promete reunir a toda a afección”, aseguran dende o club branco.

O partido ante o Noia Portus Apostoli F.S. comezará ás 20h. no pavillón de Calabagueiros. Unha cita á que o Tres Cuñados chega despois de vencer en oitavos de final ao Sala Ourense por 3-4 “nun partido trepidante que se definiu a falta de cinco minutos para o pitido final”, informan dende o club, convidando á poboación a asistir ao que “para nós é un dos eventos máis destacados e emotivos do ano”.

 

Artigos relacionados

Back to top button