DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Pizarras Los Tres Cuñados FS xa está en cuartos de final da Copa Galicia

O conxunto valdeorrés pasa á seguinte ronda trala vitoria 3-4 ante o Sala Ourense no pavillón dos Remedios

 

Na cancha do pavillón dos Remedios en Ourense, comezaba o Pizarras Los Tres Cuñados FS a tempada, e facíao cunha vitoria nos oitavos de final de Copa Galicia ante o equipo local, o Sala Ourense.

O terceiro posto conseguido na pasada campaña en segunda nacional B, deixaba ao equipo valdeorrés exento da primeira fase eliminatoria da Copa pasando directamente a oitavos de final e o resultado, non pudo ser máis positivo neste primeiro test oficial de nivel para o renovado plantel que dirixe Xocas Miranda.

Para o Tres Cuñados era o primeiro partido oficial pero o Sala Ourense chegaba aos Remedios logo de superar ao CRI Carballiño na fase previa da Copa e tras unha primeira parte máis ou menos igualada que acababa coa vitoria local tralo gol de Edgar, o capitán dos visitantes, Bruno, empataba nada máis comezar a segunda metade, dominada polo Sala que chegaban a poñer o 3-1. Non conformes co resultado, os visitantes reaccionaban e ían recurtando distancias co gol de Gonzalo no minuto 35, co segundo de Bruno no 37′ e co de Iván xa no 39′.

Co 3-4 final o Pizarras Los Tres Cuñados FS pasa a cuartos de final onde recibirá en Calabagueiros (O Barco) ao Noia Portus Apostoli de 2ª división.

Fotos: Carlos Domarco/ Sala Ourense e  Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button