A RúaConcellosEn portadaÚltima hora

O Pleno da Rúa dá luz verde á cesión dos terreos do futuro Centro Centro de Saúde á Xunta

A aprobación definitiva da mutación demanial do expediente, tiña lugar na sesión celebrada o 11 de xaneiro, dous días despois da convocatoria ordinaria, por "causa de forza maior e extraordinaria" que impediron ao alcalde estar presente á hora prevista

 

Ultimamente os plenos son sempre motivo discordia entre a oposición e o equipo de Goberno no Concello da Rúa, e o ordinario do mes de xaneiro deste 2023, non foi unha excepción.

A sesión estaba convocada para o luns 9 de xaneiro ás 20:15 horas pero unha hora antes informábase de que “por causa de forza maior e extraordinaria, o alcalde Álvaro Fernández non poderá asistir polo que quedará convocado automaticamente para o mércores 11 de xaneiro á mesma hora”. A nova chegáballe á oposición a través de secretaría, algo que disgustou especialmente á portavoz do BNG María G. Albert quen acusou ao alcalde de “falta de respecto á corporación municipal e sobre todo á cidadanía que representamos” por non ter sido informados “en tempo e forma”.

Dous días despois e segundo o previsto, na tarde noite deste mércores celebrábase o pleno no que a maioría dos puntos se aprobaban por unanimidade. Así pasaba coa proposta da alcaldía sobre a aprobación definitiva da mutación demanial dos terreos do futuro Centro de Saúde.

 

 

Tal como explicou o alcalde é o último paso que lles queda para ceder os terreos á Xunta de Galicia (a condición que lle pedía para a construción do centro) e que se retrasou pola alegación presentada por Fernando Rodríguez, “da que el mesmo se retractou”, di o alcalde. Con este punto “o que se pretende é poder entregar os terreos á Xunta para que, unha vez que esté terminado o proxecto definitivo de construción e se liciten as obras, por fin se poida construír o Centro de Saúde”.

A proposta era aprobada por unanimidade aínda que tanto BNG como PSdeG-PSOE deixaban clara a súa sorpresa de que o ex concelleiro se retractara da alegación porque “cremos que tiña base”. Antes da votación tamén houbo debate sobre os cartos para conseguir os terreos e as indemnizacións, e o portavoz do RUA José Vicente Solarat fixo unha intervención “extraordinaria” en favor de Fernando a quen calificou “como unha das persoas que lograron a consecución dos terreos”.

 

 

Neste pleno tamén se aprobaba por unanimidade a “adhesión ao programa Viopet da Dirección Xeral dos Dereitos dos Animais” co desexo da oposición de que “non pase como con outros programas deste tipo que nunca chegan a desenvolverse”; así como a “adhesión ao proxecto ou programa OU-Intelixente-A Provincia da Auga” que parte da Deputación de Ourense no marco dos fondos Next Generation “co fin de que non se perda auga, un ben tan necesario e escaso ultimamente”, en palabras do alcalde.

Relacionada con este este punto estaba a aprobación do “plan de acción que consta na auditoría elaborada por Aquaourense S.A. para minimizar as perdas de agua” no concello da Rúa, que era aprobado coa abstención do BNG ao considerar que “hai moitos datos incorrectos na auditoria, que non se corresponden coa realidade do concello”. O portavoz socialista Luis Fernández, pola súa banda, asegurou botar en falta “unha partida para o cambio de tuberías xa que o 57% das perdas de auga é por avarías”. A ese respecto, o alcalde asegurou que se trata dunha actuación que non está contemplada na liña de axudas ás que se acolleu o proxecto.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button