O pleno de San Xoán de Río aproba o reparto de concellerías
28 de Xuño de 2019
A Corporación, que preside o independente Xosé Miguel Pérez, decidía a distribución de delegacións desta nova lexislaturaO alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, cos seus tres concelleiros./ Foto cedida.
A distribución de delegacións do novo grupo de goberno do Concello de San Xoán de Río, que preside o independente Xosé Miguel Pérez (RIO), aprobábase no pleno celebrado na tarde do 27 de xuño, unha sesión á que tampouco asistía o concelleiro electo do PP Luis Castro, anterior alcalde.
Así o rexedor asume as áreas de Relacións Institucionais, Comunicación, Emigración, Mocidade, Turismo e Cultura. Por outra banda, Ana María Rodríguez pasa a ser a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Elías Álvarez o edil de Obras e Voluntariado e Gabino Yáñez o de Medio Rural e Desenvolvemento Sostible.
Ademais Ana María Rodríguez será a primeira tenente de alcalde e Elías Álvarez o segundo tenente de alcalde.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.