ConcellosÚltima hora

O Pleno do Concello de Vilamartín aproba o 23 de abril e o 22 de xullo como festivos locais para o 2020

A sesión plenaria tiña lugar no mediodía do 26 de setembro

 

O 23 de abril, San Jorge; e o 22 de xullo, a Magdalena. Son os dous festivos  locais que terá o concello de Vilamartín de Valdeorras para o vindeiro ano 2020. Así se aprobaba por unanimidade na sesión ordinaria do Pleno celebrado no mediodía do 26 de setembro. Un pleno no que tamén se aprobaba a modificación das bases de execución do orzamento 2019 e a Conta Xeral do ano 2018.

 

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

 

Xa no turno de rogos de preguntas, o voceiro do PP José Pinto preguntaba pola posibilidade de rebaixar o IBI do 0,8 ao 0,6. “Nós lembrámoslle que isto xa vén dende que el estaba no goberno do Concello, e que foi el quen propuxo ese valor para o imposto, e que si hai que baixalo. No momento en que saibamos os ingresos que haberá a maiores coa regulación catastral, porémolo enriba da mesa e de cara aos vindeiros presupostos veremos o que podemos facer. Non sabemos se será ao 0,6, ao 0,5 ou ao 0,7, xa se verá no seu momento”, asegura o alcalde de Vilamartín Enrique Álvarez Barreiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button