CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O porteiro Imanol Elías volve ao CD Barco

O club barquense tamén ficha a Óscar Cruz xogador de Unionistas de Salamanca CF e Zamora

Imanol Elías./ Foto cedida.

 

Na mañá deste xoves 28 de decembro o CD Barco anunciaba dúas importantes fichaxes para o que queda de tempada. A primeira, a do navarro Imanol Elías, “un dos mellores porteiros da historia recente do CD Barco”, en palabras do presidende do club, que volve a casa.

Trátase dun porteiro con experiencia en 2ª División e un clásico das porterías de 2ª RFEF, que pasou por equipos como o Atlético Osasuna B, o Zamora, o Mirandés, o Peña Deportiva ou o propio CD Barco de Terceira no que estivo na tempada 2017/2018. “Estivo só uns meses porque era un xogador doutra categoría” di Nilo Ramos, asegurando que marchou para o Peña Deportiva “onde lle deron o trofeo ao Mellor porteiro de 2ªB”. Na tempada 2022/2023 estivo na UD Multivera e agora comeza unha nova etapa no Barco.

 

Óscar Cruz./ Foto cedida.

 

A outra fichaxe feita pública hoxe é a de Óscar Cruz, xogador de Unionistas de Salamanca CF e Zamora (filial e primeiro equipo). Xogador polivalente con chegada a portería, con bo xogo de pernas e boa visión que no seu primeiro ano no filial zamorano meteu 10 goles.

 

Artigos relacionados

Back to top button