Esta tarde o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; do alcalde do Barco, Alfredo García, do tenente de alcalde, Aurentino Alonso, achegábase ao posto de mando avanzado desde o que se xestionan os lumes, que se encontra situado na Casa Grande de Viloira (O Barco).
Ademais de facer seguemento da situación, o conselleiro do Medio Rural percorría algunha das zonas afectadas para valorar a situación.
Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural (con información recollida ás 20h.), o incendio forestal de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e estendido ao Barco, afecta unha superficie estimada de 2.400 hectáreas. No seu control levan participado en total 7 técnicos, 27 axentes, 63 brigadas, 31 motobombas, 3 pas, 7 avións e 7 helicópteros. Neste caso, está solicitada a participación da Unidade Militar de Emerxencias (UME), segundo Medio Rural.
Fotos: Carlos G. Hervella.