En portadaÚltima horaVídeos

O potente rock de Astarot conquista ao público en Lubián (Zamora)

Era un dos pratos fortes do XVII Festival Folk & Rock nas Portelas

 

Logo dunha fin de semana de actividades e actuacións musicais de diferentes estilos, na noite do domingo 6 de agosto remataba o XVII Festival Folk & Rock nas Portelas, o prato forte da programación estival no concello de Lubián (Zamora). E facíao cunha potente sesión de rock a cargo de Naïa, Astarot e Markfeel.

 

 

Nesta galería podemos ver a actuación de Astarot, unha das bandas de referencia do rock galego, que chegaba a Lubián dentro da xira de presentación do seu último disco Baixo a Luz de Breogán, co que celebra o seu 40 aniversario rendindo homenaxe, a algúns dos autores que marcado a iteratura en lingua galega, como Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Xela Arias ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

 

 

Nada no Morrazo (Pontevedra) a banda Astarot está formada por Juán A. Antepazo (voz principal), Carlos Gandón (guitarras e voz), Carlos Rodal  (baixo), Nano Vikendi (guitarras e voz) e José M. Piedra (batería) e sobre os escenario presentan un espectáculo cheo de forza e música vibrante co seu peculiar estilo de rock que fusiona con música celta.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button