Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense activa o seu comité de campaña para as eleccións xerais

O presidente provincial, Manuel Baltar, presidía esta mañá a reunión do Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, que nomeu aos 25 membros do comité de campaña das vindeiras eleccións do 23X

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar./ Cedida.

 

O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, reunido esta mañá baixo a presidencia de Manuel Baltar, nomeu aos 25 membros do comité de campaña, órgano encargado da organización dos actos que se desenvolverán enmarcados na convocatoria das eleccións xerais do vindeiro 23 de xullo.

“Activamos a maquinaria electoral do PPdeOU, a formación política máis importante da historia de Ourense, ante unhas eleccións xerais decisivas no futuro de España”, resaltou o presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, que incidiu na necesidade do “cambio de rumbo que representa Alberto Núñez Feijóo ante o completo desgoberno de Pedro Sánchez”.

“A mobilización será completa, porque o 23 de xullo nos xogamos moito. E o PPdeOU responderá como sempre: cun enorme traballo que culminará cunha gran vitoria electoral, que contribuirá a situar a un ourensán como Alberto Núñez Feijóo como próximo presidente de España”, recalcou Manuel Baltar.

O comité de campaña das eleccións do 23-X, integrado por vintecinco persoas, baixo a presidencia de Manuel Baltar, deseñará unha campaña electoral “próxima aos ourensáns”.

Acto este domingo en Santiago

“Nestas eleccións xerais, o Partido Popular é a única garantía de estabilidade e progreso. Xa non hai máis espazo para experimentos nin desvaríos: o 23 de xullo, España recuperará o goberno que merece da man de Alberto Núñez Feijóo”, destacou o presidente provincial do PPdeOU, que asistirá este domingo, 11 de xuño, ao acto organizado polo PPdeG no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago.

Nese acto contarase coa participación do presidente do PP e candidato ás eleccións xerais, Alberto Núñez Feijóo, e co presidente do PPdeG, Alfonso Rueda. “Esta cita”, avanza Manuel Baltar, “será unha nova demostración de forza do Partido Popular e un novo paso cara a victoria do vindeiro 23 de xullo”.

Comité de Campaña

A composición do comité de campaña é a seguinte:

Responsable político do Comité de Campaña: Manuel Baltar
Coordinadora da campaña: Ana Villarino
Responsable de actos públicos: Jorge Pumar
Responsable de actos sectoriais: Miguel Ángel Santalices
Responsable de campaña de dirixentes nacionais: Miri Barreira
Xerente da campaña: Luis Vergara
Responsable de asesoría xurídica: Sonia Ogando
Responsable de mailing: César Fernández
Responsable do voto por correo: Pablo Pérez
Responsable de interventores e apoderados: María Fe Dacoba
Responsable de voto exterior/migrante: Ana Belén Vázquez
Responsable de argumentarios: Lara Pérez
Responsable de formación: Ana María F. Morenza
Responsable de campaña de dirixentes autonómicos: Marta Nóvoa
Responsable de mobilización electoral: Rosendo Fernández
Responsable de coordinación comarcal: Gabriel Alén
Responsable de NN.XX: Ignacio Campo
Responsable de novas tecnoloxías e redes sociais: Jackeline Fernández
Responsable de programa: Cristina Romero
Responsable de transparencia: Ana Méndez
Responsable de concellos rurais: Patricia Torres
Responsable de organización: Miguel Ángel Michinel
Responsable de igualdade: María Antonia Rilo
Responsable de Ourense cidade: Manuel Cabezas
Responsable de comunicación: Javier Rey

Artigos relacionados

Back to top button