
Dende o PP do Barco vén de emitirse un comunicado pedindo que se flexibilicen as “medidas de apertura para a hostalaría e que se adapten os permisos ás circunstancias actuais”.
Ademais a voceira do PP no Barco, Sabina Aguado, indica que, “á parte das medidas que se aprobaron no pleno do pasado xoves 8 de maio, sería convinte suprimir o cobro das taxas de auga e lixo, se isto non fose posible, polo menos que se apracen ou se concedan fraccionamentos extraordinarios das mismas, e ampliar o límite de mesas máximo permitido na Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas en espazos de uso público mentres dure esta situación extraordinaria provocada pola pandemia del COVID-19”.