PolíticaÚltima hora

O PP do Barco pídelle ao grupo de goberno local que limpe os perímetros dos núcleos rurais

 

A través dun comunicado de prensa, o grupo municipal do Partido Popular no Concello do Barco vén de pedirlle ao grupo de goberno socialista que lembre “a necesidade de realizar as rozas nos pobos, xa que esta atópase case na súa totalidade sen realizar. Desde este grupo non cremos necesario lembrar a catástrofe sufrida por esta comarca de Valdeorras fai tan só un ano, na que perdemos boa parte da nosa vexetación e o que é peor, numerosas vivendas. En plena onda de calor e de incendios parece que non aprendemos nada, xa que as promesas de limpeza dos perímetros dos pobos novamente incumpríronse”, aseguran os populares.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button