PolíticaÚltima hora

O PP ourensán valora o programa electoral de Feijóo

Marisol Díaz valoraba en rolda de prensa o documento, acompañada polo presidente do PPOU e por outros membros da candidatura ourensá deste partido
A número un do PP por Ourense ás eleccións autonómicas, Marisol Díaz, xunto a Manuel Baltar.
A número un do PP por Ourense ás eleccións autonómicas, Marisol Díaz, xunto a Manuel Baltar.

Un documento de propostas que marca un reto que é “consolidar e completar a Galicia que nós queremos, próspera e solvente”. Deste xeito se refería Marisol Díaz, cabeza de lista do PP por Ourense, na mañá do 5 de setembro ao programa electoral que daba a coñecer o 4 de setembro o candidato popular á Xunta de Galicia, Albert Núñez.

Acompañada por outros membros da lista como Miguel Santalices, Cristina Romero e Marta Pena, así como polo presidente do PP ourensán, Manuel Baltar; Díaz valoraba algúns dos ámbitos máis destacados do programa de Núñez Feijóo, comezando polo emprego. A mellora das condicións laborais será, dicía, o obxectivo, “coa conversión de 50.000 empregos temporais en indefinidos, a creación de bolsas para que os mozos adquiran experiencia laboral inicial, o impulso a conciliación laboral pero tamén apoiando a creatividade e competitividade dos empresarios, con especial atención aos emprendedores e aos autónomos”, ademais dunha nova Lei de Emprego de Galicia.

Candidatos e presidente do PP ourensán, sostendo o programa deste partido ás eleccións galegas.
Candidatos e presidente do PP ourensán, sostendo o programa deste partido ás eleccións galegas.

A candidata popular por Ourense tamén aludía ao ensino, lembrando a proposta de estender o plurilingüismo á educación infantil e á FP ou o reforzamento da formación en idiomas dos profesores, así como o a redacción dunha lei de impulso demográfico, “que formule novas medidas adaptadas a realidades máis específicas como os menores con discapacidade ou as familias monoparentais”. E mencionaba tamén o modelo territorial e ambiental de Galicia, no que se propón un Plan Básico Autonómico para poñer en marcha estacións intermodais nas cidades.

Pola súa banda, o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, valoraba tamén o programa e subliñaba que se trata “do resultado do traballo desenvolvido por máis de 40 membros do partido, coordinados por Pedro Puy, ao longo dos últimos tres meses” e que ademais recolle as achegas dun importante númeo de asociacións, entidades e colectivos cos que se mantiveron reunións.

Artigos relacionados

Back to top button