Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

O PP suma un terceiro deputado pola provincia de Ourense no Congreso

 

Os resultados electorais da noite do 23X veñen de tinguir de azul o mapa da provincia de Ourense. O PP recuperaba o seu terceiro deputado, mentres que o PSOE perdía un. Na pasada noite, o presidente do PPdeOU, José Manuel Baltar Blanco, e a cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez Blanco, valoraban estes resultados.

Manuel Baltar manifestaba os seus parabéns a Alberto Núñez Feijóo pola “vitoria electoral deste domingo”, agradecendo “a confianza dos votantes ourensáns e o traballo de todo o PPdeOU. Crecemos en votos (+22.000), en porcentaxe de apoio (+10,5 puntos, ata o 49,92%) e en representantes nas Cortes Xerais, acadando o terceiro deputado que nos marcamos como reto na provincia, tendo tamén tres senadores”.

Ana Belén Vázquez destacou os resultados obtidos, agradecendo o apoio maioritario dos ourensáns. “É unha profunda responsabilidade, e dende xa estamos a traballar a prol de Ourense”. Así dende esta formación política destacábase que o PPdeOU foi nestas eleccións xerais o partido máis votado en 88 dos 92 concellos da provincia de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button