Trala primeira edición celebrada o ano pasado, na que participaron 150 ciclistas, a Ruta do Viño de Valdeorras promove para o vindeiro domingo 23 de outubro a II BTT. Unha cita para os amantes do ciclismo que propón un emocionante e singular percorrido que atravesa varios dos enclaves máis turísticos da comarca como a ponte de Éntoma, a Vía Nova, a Igrexa de Outarelo, o Pazo do Castro, a Torre do Castro, o Mosteiro de Xagoaza, as Casas Grandes de Portela, a área recreativa do Bañadoiro, o paseo do Malecón ou as impresionantes paisaxes de viñedos que existen ao longo de todo o roteiro. Precisamente, tal e como señala Joaquín Sánchez, presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, un dos fins últimos da iniciativa é “divulgar o potencial enológico da comarca” sobre todo para “aqueles ciclistas que cheguen de diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades limítrofes para participar na proba”.
O prazo para inscribirse nesta II BTT Ruta do Viño de Valdeorras permanece aberto na web da entidade: http://www.rutadelvinovaldeorras.com, ata o vindeiro 18 de outubro incluído. Para facelo hai que cumprimentar os datos e abonar a correspondente cota, a través da pasarela de pago que consta na web. Os ciclistas federados teñen que pagar 25 euros e os non federados, 35.
A II BTT Ruta do Viño de Valdeorras concíbese como unha proba non competitiva orientada a promover a dinamización turística da comarca. Con saída na zona do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, e regreso ao mesmo punto, a organización propón un circuíto de 57 quilómetros, cun desnivel positivo de 1.821 metros, sendo a altitude máxima de 613 metros e a a miñánima de 311. O itinerario, tal e como consta no regulamento da proba que pode consultarse en liña, discorre por estradas, camiños e sendas dos municipios do Barco, Rubiá, Vilamartín e Petín. En concreto, varios dos subtramos da carreira discorren por diferentes puntos do Camiño de Inverno.
A prob comezara ás 9:30 e o número máximo de participantes é de 300. Está aberta a todos os ciclistas que queiran participar nela que teñan más de 14 anos, aínda que os menores de idade terán que acreditar autorización do seu titor legal para poder inscribirse. Para participar no roteiro é necesario ser membro da Real Federación Españonda de Ciclismo (RFEC) ou subir a licenza de deía que proporciona a organización coa inscripción.
A recollida de dorsais realizarase na planta baixa do Edificio dos Sindicatos, situado na rúa España, número 1 do Barco, o 22 de outubro entre as 16 e as 20 horas. Tamén será posible recoller o dorsal o propio día da proba, entre as 7:30 e as 9 horas no Bañadoiro (Vilamartín de Valdeorras). Ao longo do percorrido, a organización disporá de varios avituallamentos líquidos e sólidos, que se situarán en determinados puntos do itinerario.