ConcellosO BarcoÚltima hora

O pregón do valdeorrés Julio Mourelo inaugura o Nadal na igrexa de Santa Rita, no Barco

 

Poucas veces un párroco cede o micrófono no medio dunha eucaristía, pero na tarde deste sábado 18 de decembro e trala homilía, o párroco do Barco de Valdeorras, Jesús Álvarez cedíalle a palabra ao director de Cáritas, Julio Mourelo, para dar o primeiro Pregón do Nadal no Barco. Unha das novidades que presentaba o programa de Nadal neste ano 2021.

Así, en torno ás sete da tarde e coa igrexa de Santa Rita co aforo completo (reducido polo Covid), comezaba un culto moi especial que incluía a bendición do Nacemento e a inauguración da decoración e iluminación de Nadal. Entre os asistentes non faltaban os nenos da catequese, do coro de San Mauro e do Orfeón Valdeorrés, que máis tarde protagonizarían o festival de panxoliñas.

 

Julio Mourelo durante o p pregón.

 

Con todo, un dos momentos clave da celebración era o pregón a cargo de Julio Mourelo que tiña unha mención especial para os máis pequenos, os verdadeiros protagonistas do Nadal, e tamén para o Orfeón Valdeorrés “promotor do festival de panxoliñas” antes de facer un completo percorrido polas súas vivencias na súa vila natal, O Barco, hai xa sete décadas. “As vivencias dun neno para quen o Nadal foi sempre un tempo especial, no seu dunha familia humilde pero feliz, e educado nos valores dun bo cristián, do respecto aos demais”. Na súa intervención non faltaron as alusións as sucesos que está a sufrir a sociedade coo a suba da luz ou a pandemia pero centrouse de forma especial en todo o bo que lle deu a vida.

Tralo pregón a eucaristía continuaba coa bendición do nacemento e as actuacións musicais antes da bendición, dando así por inaugurado o Nadal na parroquia do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button