EconomíaEconomíaPizarraÚltima horaVídeos

O presidente da Deputación de Ourense reúnese co Clúster da Pizarra de Galicia

 

A visita que o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, realizaba neste martes 26 de setembro á comarca de Valdeorras incluía unha intensa axenda de reunións que concluía ás seis da tarde cunha xuntanza con representantes do Clúster da Pizarra de Galicia, que preside Víctor Cobo, que lle plantexaban as súas inquedanzas e demandas. No encontro tamén estaba presente a deputada delegada especial para Valdeorrsa, María Carmen González Quintela.

Luis Menor recoñeceu que non se entendería a súa presenza na comarca “sen escoitar aos representantes dun sector básico en Valdeorras e cun peso específico na economía ourensá e líder indiscutible na produción e exportación de lousa”.

 

 

A xornada de traballo do presidente da Deputación en Valdeorras incluíu, ademais de encontros cos alcaldes da comarca, unha reunión do Consorcio de Augas de Valdeorras, na que se procedeu á renovación de cargos e órganos, entre eles a comisión executiva e a comisión especial de contas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button