EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O presidente da Deputación reúnese co comité de empresa de Irosa-Samaca

 

Na súa completa axenda deste luns en Valdeorras, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, tamén recibía na sede provisional desta entidade na Casa Grande de Viloira (O Barco), aos membros do comité de empresa de Irosa-Samaca (CIG-CCOO) e aos representantes sindicais.

Tras esta reunión cos representantes dos traballadores da louseira, Menor lembraba que “veñen de pasar por unha situación laboral moi complicada, coa ameaza de peche, e desde logo na Deputación teñen o noso total apoio ás súas xustas reivindicacións, entendendo que se trata dun sector absolutamente estratéxico para a comarca e para a provincia”.

Ademais, acompañado pola deputada provincial en Valdeorras e alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, reiteraba que o apoio da institución provincial será constante “en todos os ámbitos para que a actividade económica se siga desenvolvendo e, por outro lado, trataremos que na lexislación se fagan as modificacións necesarias para que haxa un marco xurídico moito máis estable para este sector económico”.

 

 

 

“Foi unha reunión emocionante no sentido de que se percibía a tensión vivida durante todo este tempo polos traballadores e creo que lle aportamos, ademais de algo de seguridade tamén algo de alivio e un pouco de forza porque se sentiron reforzados con este apoio institucional nas súas xustas peticións e nós quedamos máis comprometidos con eles”, aseguraba ante a prensa o presdiente da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button