Galerías de fotosÚltima hora

O presidente da Federación Galega de Fútbol reúnese co Tres Cuñados FS

Rafael Louzán transmitía as condolencias ao club de fútbol sala valdeorrés polo falecemento dun dos seus xogadores

Na noite do 9 de febreiro, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, reuníase cos representantes do club Tres Cuñados FS que hai dúas semanas perdían a un dos seus xogadores clave, Jessús Carrera Carrera, nun fatídico accidente de tráfico. “É unha perda irreparable”, dixo Louzán, engadindo que “a propia federación e a mutualidade, neste caso Futbolistas Españoles, a través da delegación en Galicia, ten algo que dicir e colaborar xa que a perda da vida humana non somos quen de recuperala pero polo menos estaremos aí dándolles o noso apoio”.

Os representantes da FGF viaxaban ao Barco de Valdeorras para reunirse asemade coa directiva do Centro de Deportes Barco e visitar as instalacións do campo de fútbol de Calabagueiros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button