OurenseÚltima hora

O presidente da Xunta de Galicia visita as novas piscinas de Cualedro

 

Este mediodía o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, visitaba as novas instalacións da piscina municipal de Cualedro, un proxecto incluído no Plan Hurbe que dotará ao concello dun lugar de esparexemento con zonas verdes, vestiarios, enfermaría e cafetería. Nesta visita o presidente da Xunta estaba acompañado polo alcalde de Cualedro, pola conselleira de Medio Ambiente, polo delegado da Xunta en Ourense e polo presidente da Deputación de Ourense, entre outras autoridades.

Así, na visita ás piscinas de Cualedro, o presidente provincial, Manuel Baltar, expresou que son froito “do esforzo, da racionalidade e do proxecto do seu alcalde e do grupo de goberno, o que supón unha posta polo territorio e son investimentos no rural que teñen que ver coas cuestións de lecer, coa igualdade de oportunidades e coa calidade nos servizos públicos, algo co que a Deputación de Ourense comprácese en colaborar economicamente da man do Concello de Cualedro para pór a disposición da veciñanza esta infraestrutura, longamente demandada, que fortalecerá a imaxe de Cualedro desde o punto de vista turístico”, comentou Manuel Baltar.

Neste acto, as autoridades descubriron unha placa conmemorativa en agradecemento á familia de Francisco Rivero Galina e Benita Barazal Rivero por ter doado a finca na que construíu a infraestrutura, e en lembranza de todos os emigrantes do Concello de Cualedro. A piscina conta, ademais dos vasos para adultos e nenos, cunha pista de xogos múltiples, enfermería para primeiros auxilios, vestiarios e cafetería.

Por outra banda, durante a visita Feijóo destacaba a rehabilitación dun total de cinco vivendas de mestres para destinalas a familias do concello, nun edificio localizado na avenida de Portugal, impulsando tamén a recuperación da contorna do inmoble; así como a pavimentación da rúa Aira dos Vintes e do ámbito da fonte da Fonteíña.

“Seguiremos traballando ademais no ámbito dos maiores, co Servizo de Axuda ao Fogar; cunha casa niño e neste 2021 levaranse a cabo as melloras no CEIP Vicente Risco, así como o equipamento da Casa da Cultura”, dixo, destacando tamén o proxecto para desenvolver o polígono agroforestal dotado con 250 hectáreas.

Artigos relacionados

Back to top button