ConcellosÚltima hora

O primeiro número do boletín trimestral “Muller e Saúde” sae á rúa en Trives

Esta publicación está coordinada dende o Centro de Información á Muller (CIM) deste municipio
Imaxe da cabeceira deste boletín trivés.

Neste mes de outubro vén de saír á rúa no concello da Pobra de Trives o primeiro número do boletín trimestral “Muller e Saúde”, coordinado polo Centro de Información á Muller (CIM) deste municipio. Esta publicación nace co obxectivo de “servir como canle para achegar, divulgar e debater sobre a nosa saúde, tratando de poñela en valor e esperando, en fin, que sexa de algunha utilidade a toda a nosa veciñanza”, segundo se informa dende o Concello trivés.

Tamén se adianta que “esperamos que os artigos que aparece permitan, non só mellorar a calidade de vida de todas, senón tamén que resulten amenos e interesantes, facéndonos pasar un bo intre de lectura e diversión”.

Artigos relacionados

Back to top button