OurenseÚltima hora

O Principal completa aforo para coñecer o último disco da Coral De Ruada

A formación presentaba o seu novo traballo cun concerto en Ourense
A formación presentaba hoxe o seu novo disco, "De Ruada entre amigos".
A formación presentaba hoxe cun concerto no Principal o seu novo disco, “De Ruada entre amigos”.

A Coral de Ruada encheu esta tarde o Teatro Principal de Ourense. Máis de 200 persoas completaron o aforo para coñecer de primeira man o último traballo discográfico da formación musical. O CD-DVD “De Ruada entre amigos” reúne 18 pezas musicais interpretadas polos membros da coral en colaboración con artistas de diferentes eidos da música como Cristina Pato ou Luar na Lubre, e coa achega de coros infantís de varios colexios da cidade.

A formación ofreceu un concerto interpretando algunhas desas cantigas coa súa vestimenta tradicional. Durante o acto, os protagonistas contaron tamén coa presenza en directo dalgúns dos colaboradores do CD.

Foto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button