CulturaCulturaSen categorizarÚltima hora

O produtor de “Cuñados”, o petinés Alfonso Blanco, presentará o filme na Rúa este domingo

Terá un encontro co público para falar sobre o filme ás 19 horas, antes da proxección

O petinés Alfonso Blanco “Fosco”, produtor de “Cuñados”.

 

Hoxe, venres 9 de abril, chega por fin aos cinemas de toda España o filme Cuñados, levando o audiovisual galego rodado integramente na provincia de Ourense, a máis de 120 salas. Unha delas é a do Centro Cultural Avenida que acollerá a estrea esta fin de semana, con dúas sesións (ás 17 e ás 19:30h.) o sábado e outras dúas (ás mesmas horas) o domingo.

E precisamente o domingo 11 de abril, o seu produtor e director xeral de Portocabo, o petinés Alfonso Blanco (natural de Freixido de Abaixo), achegarase ata o cine rues para manter un encontro co público e falar sobre o filme ás 19 horas, antes da segunda proxección do día.

 

Os protagonistas de “Cuñados” nunha presentación do filme.

 

Cuñados é a primeira longametraxe cinematográfica da produtora galega Portocabo (Hierro, Auga Seca) e tamén a ópera prima de Toño López e conta con algunhas das caras máis recoñecidas e queridas do cinema galego como Xosé A. Touriñán (El desorden que dejas, Pequeñas coincidencias, Fariña), Miguel de Lira (Vivir sin permiso, Somos gente honrada) e Federico Pérez Rey (El desorden que dejas, Néboa, Mar Adentro). A réplica feminina atopámola en Eva Fernández (Auga Seca, Néboa, Fariña), Iolanda Muiños (Fariña, Néboa) e María Vázquez (Quien a hierro mata; Vivir sin permiso), entre outras.

Producida por Alfonso Blanco de Portocabo, trátase dunha comedia de enredo sobre as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. Recentemente tivo a súa primeira presentación internacional no marco do Festival de Berlín, sendo presentada tamén en Ourense e Madrid.

 

Artigos relacionados

Back to top button