A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobaba na mañá deste luns un total de 24 asuntos centrados na cooperación institucional con municipios e diferentes entidades.
Para a cooperación con municipios da provincia destínanse un total de 933.783,28 euros, centrados en diferentes obras, melloras e servizos que acometerán as entidades locais.
No que atinxe á colaboración con diferentes entidades, destínanse 271.725 euros a axudas para a Asociación de Gandeiros Macizo Central (Agromacen), para O Gran Camiño e para o Programa EsquiOU 2025 que se leva a cabo na Estación de Montaña Manzaneda (Meisa S.A.).