ConcellosParada de SilÚltima hora

O programa INECO RuralTIC chega a Parada de Sil

 

Dixitalización social e dixitalización económica. Son os dous eidos nos que incide a formación que se está a impartir nos Talleres TIC que se desenvolven en Parada de Sil, dentro do proxecto RuralTIC. Esta actividade sitúase “dentro do camiño empezado fai tempo no concello de Parada de Sil, de achegar á veciñanza as novas tecnoloxías, camiño no que tivo unha especial relevancia a presenza da secretaria de Estado do ramo e o delegado do Goberno de España, no que cincuenta e sei persoas fixeron a chave”, explican dende o Concello.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, sinala que no medio rural ha de disporse dos mesmos instrumentos que nas cidades e por iso no seu momento solicitou participar no programa INECO, “que pretende a formación en novas tecnoloxías para evitar reticencias por parte das persoas do rural e o mesmo tempo ensinarlle elementos de seguridade en redes. As persoas participantes aumentarán a autonomía persoal e superaran a barreira tecnolóxica.O rural non pode quedar atrás”.

Neste programa, organizado polo Goberno de España en Parada de Sil, onte tivo unha sesión para o público en xeral e no día de hoxe está máis orientado a empresas para impulsar a dixitalización dos negocios e buscar un mellor posicionamento dos mesmos.

Dende o Concello agradecese a presenza dos dous voluntarios que estarán ata o día 30 seguindo o desenvolvemento das actividades, entre outras,O a mellora do manexo das redes por parte dos traballadores municipais.

Artigos relacionados

Back to top button