ConcellosFolgoso de CaurelQuirogaRibas de SilÚltima hora

O programa Voluntariado Ambiental 2021 arranca esta fin de semana no Xeoparque Montañas do Courel

 

O Xeoparque Montañas do Courel é o primeiro dos dezaséis espazos naturais no que se desenvolverán as vinte actividades previstas para as fins de semana de maio a outubro do programa de Voluntariado Ambiental 2021. Os primeiros 12 voluntarios inauguran esta fin de semana este programa que promove a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e que dá continuidade ao proxecto iniciado en 2017 co Programa Lewo.

Esta iniciativa interxeracional, que esgotou as 228 prazas dispoñibles en apenas tres horas, levará os participantes ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (lla de Ons, Illas Cíes, Illa de Cortegada e Illa de Sálvora); o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; o Parque Natural O Invernadeiro; Parque Natural Serra da Enciña da Lastra; o Parque Natural Monte Aloia; o Parque Natural Fragas do Eume, o Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés; a Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo; a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo; e aos ZEC Ancares-Courel e Canón do Sil.

Artigos relacionados

Back to top button