En portadaÚltima hora

O proxecto de reforma da Praza Maior do Barco, exposto na sede electrónica do Concello

 

O proxecto denominado “Reforma da Praza Maior, fonte, Porto da Barca, Camiño Real e beira do Sil”, para a rehabilitación integral desta praza do Barco e da súa contorna, foi presentado ao longo do ano 2022 á veciñanza, por medio de paneis informativos, reunións cos veciños e veciñas, e apertura dun prazo de presentación de suxestións.

“As suxestións presentadas foron estudadas, e varias delas incorporadas ao proxecto de rehabilitación, que logo foi presentado a Patrimonio Cultural para continuar estudando a proposta. Neste momento está elaborado o proxecto básico previo, que debe ser presentado ante diferentes organismos (Patrimonio e Confederación, entre outros), para conseguir as autorizacións sectoriais.

 

 

Unha vez aprobada a proposta, tamén por parte da Corporación Municipal, iranse desenvolvendo os proxectos de execucións parciais: fonte, escalinata, Porto da Barca, beira do Sil e Praza Maior. En cada un deses proxectos de execución se incorporarán todos os detalles”, segundo vén de informar o Concello do Barco.

Ese proxecto está nestes momentos exposto no apartado de Exposicións Públicas da Sede Electrónica do Concello do Barco. Pode consultarse no enlace
https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/urbanismo/pb_en trono_praza_maior.pdf

Aínda que o prazo para a presentación de suxestións xa rematou, os interesados poden presentar ideas ou suxestións, a través dos medios de acceso existentes na Sede Electrónica do Concello do Barco, así como de xeito presencial, no Departamento de Obras e Urbanismo (Edificio Multiusos, primeiro andar).

Imaxes: Concello do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button