O proxecto enerxético suporá un aforro de máis do 70% no alumeado público do Barco
16 de Marzo de 2017
Vén de presentarse o borrador da auditoría para o alumeado público e a enerxía eléctrica en varios edificios municipaisA concelleira de Medio Ambiente do Barco. Diana Urdangaray./ Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Medio Ambiente do Barco de Valdeorras, Diana Urdangaray, vén de presentar ante a comisión de Medio Ambiente o borrador da auditoría enerxética encargada polo Concello para a optimización do alumeado público e a enerxía eléctrica dos edificios Multiusos e Teatro Municipal Lauro Olmo.
Malia que aínda non son definitivo, os estudos, realizados pola empresa Energylab suporán segundo o Concello, un investimento de entre 667.000 e 964.000 euros na mellora do alumeado público, co que se conseguirá un aforro de entre o 70 e o 72%. O proxecto será realizado ao longo de varios anos e a súa execución suporá asemade unha “redución moi importante na emisión de CO2 no alumeado público do Concello”, aseguran dende o ente local.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.