PolíticaÚltima hora

O PSdeG de Viana pregunta no pleno polas xestións realizadas polo Concello para declarar o Entroido festa de interese turístico nacional

Esta formación política vianesa emitía un comunicado de prensa no que se amosaba “abraiada pola resposta do alcalde, que dixo que non se tiña feito xestión algunha”
Imaxe do Entroido en Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Entre as preguntas que o concelleiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Santiago Barja, formulaba na sesión plenaria do 20 de setembro figuraba unha relativa aos trámites realizados dende o Concello para iniciar o procedemento de declaración do Entroido vianés como festa de interese turístico nacional.

“No anterior pleno e, á proposta do PSdeG de Viana, aprobouse por unanimidade unha moción pedindo que se iniciaran as xestión oportunas” para esa declaración, e “asimesmo rexistrar os nosos símbolos e elementos do mesmo para que non poidan ser utilizados sen a previa autorización. Tamén se instaba a que, por parte da alcaldía, se fora dando conta destas xestións”, tal e como se indica dende a agrupación socialista de Viana do Bolo nunha nota de prensa.

Nese mesmo comunicado, os socialistas valoran a contestación dada polo alcalde de Viana a esta pregunta, indicando que “para a nosa sorpresa, a resposta dada no pleno é que no se tiña feito xestión algunha, nin se tiña intención de facelo nun futuro, alegando unha serie de inconvintes que non se axustan á realidade”. Ademais os socialistas vianeses amósanse “abraiados ante a postura amosada e preguntámonos como é posible que faga tan só dous meses, aprobara ó grupo de goberno, xunto cos demais grupos, á moción referida, e logo, diga ó alcalde, que non vai levala a termo”.

Consideran que esa resposta está chea de “evasivas e desculpas para non cumprir coa obriga que ten ó Concello de executar o aprobado no pleno e xestionar os asuntos que son de interese para á promoción turística é económica da nosa bisbarra”.

 

Artigos relacionados

Back to top button