Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PSdeG do Barco presenta a súa candidatura

Alfredo García encabeza a lista de 21 homes e mulleres coas que os socialistas concorrerán ás eleccións municipais
Lista do PSdeG do Barco para as eleccións municipais.
Lista do PSdeG do Barco para as eleccións municipais.

Un dos lugares máis emblemáticos da vila como é a Torre do Castro, era elixido polo Partido Socialista do Barco de Valdeorras para dar a coñecer a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais que se celebrarán en maio.

Nun acto que tiña lugar na tarde do martes 7 de abril, o cabeza de lista e actual alcalde, Alfredo García, presentaba aos 21 membros (11 homes e 10 mulleres) co compromiso de “seguir traballando para O Barco e manter a maioría absoluta coa que conta o partido dende o ano 2003”.

O alcalde do Barco e candidato é reelección, Alfredo García, na presentación.
O alcalde do Barco e candidato é reelección, Alfredo García, na presentación.

Durante a súa intervención, García destacou a renovación da candidatura en canto á imaxe, con moitas caras novas despois de dezaseis anos traballando duramente, e tamén á idade con moita xuventude. “Asumo como valor positivo que, nun momento como o actual, no que a política está tan denostada, no que parece que ninguén quere saber nada dela, é de agradecer e unha honra para min, que xente que non se adicaba á política dera o salto nesta lexislatura para traballar precisamente por e para os veciños, porque esa é a política que nós seguimos defendendo, a de servizo aos veciños”.

Alfredo García cos membros da lista que concorrerán por primeira vez a unhas eleccións.
Alfredo García cos membros da lista que concorrerán por primeira vez a unhas eleccións.

O candidato á reelección aproveitou o momento para “dar as grazas de corazón aos excelentes concelleiros que traballaron durante tantos anos polos veciños do Barco” que malia seguir formando parte da candidatura, deixan paso á renovación nos primeiros postos. É o caso de Luis Arias “Cuca” (máis de 25 anos na corporacón), Ana Mercedes (8 anos como concelleira), Eduardo Ojea (16 anos), Natalia Álvarez (12) e Julio Fernández (8). Todos son substituídos por xente nova, á que dan a benvida como Margarida Pizcueta (numero 2), Orlando Saavedra, Diana Urdangaray, Cristina Domínguez, Alicia Álvarez, René Pérez, Raquel Sastre e Aida Martínez. O resto, ou está xa na corporación como Aurentino Alonso ou Irene Dacal, ou nalgún momento formaron parte das listas noutras candidaturas.

Julio Fernández e Eduardo Ojea irán na lista, pero como 2º suplente e no posto 17 respectivamente.
Julio Fernández e Eduardo Ojea irán na lista, pero como 2º suplente e no posto 17 respectivamente.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button