PolíticaÚltima hora

O PSdeG impulsa unha declaración institucional da Deputación “contra o peche do COC de Iberdrola na Rúa”

Tras ser rexistrada onte, será traslada a todos os grupos políticos da Corporación provincial co fin de concretar o seu contido en xunta de portavoces, antes de ser sometida a aprobación no vindeiro pleno ordinario do 26 de febreiro

Publicidade

O PSdeG-PSOE vén de presentar unha proposta de declaración institucional da Deputación Provincial de Ourense en “contra do peche do ‘Centro de Operación de Cuenca (COC), que a empresa Iberdrola ten Rúa. Foi rexistrada onte e agora dárselle traslado a todos os grupos políticos da Corporación provincial de cara a concretar o seu contido en xunta de portavoces, antes de ser sometida a aprobación no vindeiro pleno ordinario do 26 de febreiro.

O texto propón que o pleno provincial “traslade á dirección de Iberdrola, S. A. a súa oposición ao peche do ‘Centro de Operación de Cuenca (COC)’ que a empresa ten na Rúa (Ourense)” e “insta” á empresa a “reconsiderar a decisión de clausurar” este edificio que presta servizo desde 1955. Tamén propón “instar e apoiar á Xunta de Galicia e ao Goberno de España para que, no exercicio das súas responsabilidades e competencias propias, adopten as accións e iniciativas necesarias para que Iberdrola, S. A. rectifique a decisión”. Igualmente demanda “trasladar o amparo e solidariedade aos
traballadores, traballadoras e demais persoas afectadas polo peche”.

O texto da declaración proposta resalta que “a cidadanía, representada polas deputadas e deputados que conforman a corporación da Deputación Provincial de Ourense, quere transmitir a súa fonda preocupación polo peche” e recorda que o “impacto” desta decisión suporía a “perda de decenas de empregos na comarca de Valdeorras e afondaría na merma da actividade económica e na deslocalización industrial. É tamén unha medida contraria ás políticas que contribúen a frear e reverter o despoboamento e illamento que sufre o interior da comunidade autónoma”.

O PSdeG-PSOE agarda que todos os grupos políticos presentes na corporación da institución (Partido Popular, Democracia Ourensana e Bloque Nacionalista Galego) aporten as súas achegas na próxima sesión da xunta de voceiros, co fin de acadar un acordo “unánime e sólido que defenda os intereses da provincia de Ourense e da súa veciñanza”.

Artigos relacionados

Back to top button