PolíticaÚltima horaVídeos

O PSdeG-PSOE vianés dá a coñecer a súa postura sobre a moción de censura en Viana do Bolo

 

Na mañá deste venres 21 de marzo, o voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, daba a coñecer en rolda de prensa, a súa postura sobre a moción de censura.

 

O voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias.

 

No acto, no que estivo acompañado polo secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; e polos deputados e deputadas provinciais Aurentino Alonso, Elvira Lama e Diego Fernández; e o secretario de organización da agrupación socialista de Viana, Isaac Pérez Vidueira, detallou polo miúdo as negociacións mantidas co BNG, manifestando que “a man para chegar a un acordo segue tendida, pero debe ter vontade e non por condicións non asumibles, nas que só amosan que non queren que haxa moción de censura”, referíndose á nova proposta nacionalista na que “esixen a renuncia do cabeza de lista e voceiro socialista, Germán García-Ávila Arias, á alcaldía, á tenencia de alcaldía e que non poderá formar parte do equipo de goberno” algo, “inasumible” xa que “eles teñen dous concelleiros sen ataduras laborais, namentres que no noso grupo so eu podo dedicarlle o tempo que merece o noso Concello, xa que os outros compañeiros teñen ataduras laborais e non poderían estar fisicamente na casa consistorial”.

 

 

Pola súa banda o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rodríguez Villarino, afirmou que o grupo socialista de Viana ten todo o respaldo do PSdeG para obter un “acordo xusto” e por iso chamou a atención do BNG para “priorizar a defensa dos veciños” e “acadar un goberno de progreso”.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button