EconomíaEconomíaÚltima hora

O pub Galileo reabre as portas no Barco con nova xerencia

 

Tras varios meses pechado, o pub Galileo vén de reabrir as portas no Paseo do Malecón (fronte ao campo da festa) no Barco de Valdeorras, con nova xerencia.

 

 

Da man de Manuel Martínez, xerente tamén de El Muro del Malecón, a reapertura do local de copas tiña lugar o pasado venres 22 de marzo coa idea de abrir os venres e sábado de 12 a 4 da madrugada, aínda que en datas especiais como Semana Santa abrirá de mércores a domingo. “Durante as festas estará tamén aberto polas tardes, aproveitando o ambiente da orquestra”, di Manuel, destacando que a idea é organizar concertos. Nese aspecto queren empezar con grupos locais, para ir creando ambiente e que os clientes desfruten de música en directo ao tempo que toman unha copa.

 

 

Ademais, o local tamén ofrece a posibilidade de aluguer “para festas e eventos privados (aniversarios, despedidas,…) cun mínimo de 20 persoas para que compense pechalo ao público”, din dende o Galileo que conta con Andrés (ex xerente do Veirasil) como cara visible, detrás da barra.

Fotos cedidas

 

 

Artigos relacionados

Back to top button