EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O punto de información turística do Barco xa está nas redes sociais

 

Dende este mércores o Punto de Información Turística do Barco, que empezaba a funcionar o pasado 27 de abril na Praza de Abastos da vila, xa ten presenza nas redes sociais, tanto en facebook como en instagram. Pode buscarse co nome “Queda en Valdeorras”.

Este é un primeiro pasado de cara á promoción dos recursos turísticos, servizos e tamén dos produtos agroalimentarios desta zona galega, incluída no Xeodestino Manzaneda-Trevinca. Ademais estase a preparar unha páxina web de promoción turística.

 

Artigos relacionados

Back to top button