
“O que arde”, a película de Oliver Laxe rodada nos Ancares (Lugo) e gañadora do premio Unha certa mirada no Festival de Cannes, proxectarase no Centro Cultural Avenida da Rúa entre o 11 e o 14 de outubro, tal e como figura na programación cinematográfica deste outono, que vén de facer pública o Concello rues.

Os seus horarios variarán en función dos días, así o venres 11 proderá verse ás 22:30h., o sábado 12 ás 20h. e ás 23h. , o domingo día 13 ás 20h. e o luns día 14 ás 22h.
Este filme galego, interpretado por Amador Arias e Benedicta Sánchez, está preseleccionado aos Premios do Cine Europeo e nestes días compite dentro da sección oficial do 24 OUFF en Ourense.
