OurenseÚltima horaVídeos

O Ratiño Pérez visitará aos nenos de Verín polo Nadal

 

Coa chegada do Nadal, e as rúas de Verín énchense de luces e cor para que nenos e maiores celebren con alegría estas tradicionais festas. Este ano, a Fundación Dentalnova participará activamente na decoración urbana da vila instalando na Praza da Mercé unha divertida caseta temática do Nadal, que contará cun personaxe convidado moi especial: o Ratiño Pérez.

Mañá xoves 2 de novembro, ás 19:00 horas, realizarase o acceso oficial da caseta e todos os nenos e nenas que acudan a recibir ao Ratiño Pérez serán obsequiados cun agasallo moi especial.

“Ensínalle ao Ratiño Pérez o teu mellor sorriso”

Outra das iniciativas que a Fundación Dentalnova organiza este Nadal será o concurso fotográfico “Ensínalle ao Ratiño Pérez o teu Mellor Sorriso”. Participar nel resultará moi sinxelo. Só será preciso “facerche unha fotografía, co mellor dos teus sorrisos, na caseta do Ratiño Pérez. Iso si, tenta que sexa o máis orixinal posible xa que a instantánea gañadora recibirá un espectacular Drone 4 K. Unha vez teñas lista a túa fotografía debes entrar no perfil oficial de Facebook de Dentalnova, darlle a gústame, e enviárnola por mensaxe privada. O prazo para recibir fotografías estará aberto entre o xoves 2 e o domingo 26 de decembro”, indican dende a Fundación Dentalnova.

 

 

O día 27 de decembro a organización creará un álbume con todas as instantáneas e procederase á apertura do proceso de votación popular. A fotografía que teña máis “Gústames” o día 10 de xaneiro será a gañadora do premio.

Artigos relacionados

Back to top button