EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O recinto da Feira do Viño de Valdeorras acollerá unha exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán

o obradoiro de teatro encontro con Amparo R. de Dios que estaba previsto que comezara mañá en Vilamartín de Valdeorras aprázase ata o mes de setembro

Publicidade
Cata con versos de Florencio Delgado Gurriarán na Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Tamén na XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras que se celebra esta fin de semana en Viloira, Florencio Delgado Gurriarán ten o seu protagonismo. O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022 xa estivo presente no espectáculo que se celebrou onte no Teatro Lauro Olmo do Barco, cunha viaxe de música, palabra e imaxe a cargo de Arraianos Producións; e tamén o estará no propio recinto feiral onde se instalarán catro paneis multimedia creados pola mesma produtora.

A exposición, titulada ‘A Galicia Infinda de Florencio Delgado Gurriarán’, é un percorrido pola vida e obra do autor, complementada con declaracións da súa familia. Cada panel, ademais de imaxes e texto, conta cun código QR a través do cal se poden ver vídeos breves onde as súas netas, netos, fillas e fillos lembran a Florencio. Segundo o comisario da mostra, Aser Álvarez, trátase “dun material moi valioso porque ves como a memoria de Florencio segue viva na súa estirpe, como se trasladou esa memoria familiar”. Entre os audios recollidos, destaca un inédito de Delgado Gurriarán cantando e tocando a percusión.

 

Arraianos.

 

Ademais dos paneis, os poemas de Florencio tamén estarán presentes na zona de cata da Feira do Viño onde se instalarán as creacións realizadas por Artesanía Enxebre, que xa se utilizaron nunha cata de poesía e viño da Ruta do Viño de Valdeorras.

Ademais da súa presenza na Feira do Viño, mañá volven as Noites de Florencio que o pasado fin de semana abríu Cándido Pazó na Aira dos Bolos de Córgomo. Desta volta, ás 23 horas presentarase o espectáculo ‘Florencio Delgado sen fronteiras’ a cargo de Arraianos Producións. Música, imaxe e palabra nunha inmersión no universo lírico e persoal de Florencio.

En canto ao obradoiro de teatro encontro con Amparo R. de Dios que estaba previsto que comezara mañá en Vilamartín de Valdeorras, “queda aprazado ata o mes de setembro, cando se abrirá de novo a convocatoria”, adiantan dende As Letras de Florencio.

Artigos relacionados

Back to top button