ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Rei e a Raíña da Esculqueira (A Mezquita), á fronte da comitiva da Festa dos Reis

 

Como se vén facendo dende tempo inmemorial, a animada comitiva da Festa dos Reis da Esculqueira (A Mezquita) daba unha ronda completa a esta localidade nada máis empezar o ano novo, na tardiña do 3 de xaneiro. Estaba encabezada polo Rei e pola Raíña, autoridades tradicionais desta antiga celebración, e dela tamén formaban parte os músicos, así como os veciños do pobo, de todas as idades.

Visitábase casa por casa para saudar aos seus habitantes, fecilitarlles as festas e tamén para interpretar o tradicional cántico de Reis desta aldea, ao son da gaita, o bombo, a caixa e as pandeiretas. Despois, cada veciño entregaba os seus aguinaldos e ademais agasallaba aos visitantes con licores, sidra, embutidos, doces ou outro tipo de deliciosos produtos gastronómicos ao longo da ronda, que finalizaba arredor das oito no Tele-Club.

 

 

Unha vez alí, os veciños da Esculqueira compartían o primeiro dos banquestes colectivos desta celebración, que se prolongará ata o 6 de xaneiro con xantares e ceas festivas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button