EconomíaEconomíaÚltima hora

O restaurante Cociña do Lar (O Poldo) reabre as portas no Barco con nova xerencia

 

Mesmo local pero novos servizos e nova xerencia. Na tarde do mércores 12 de abril, o restaurante-pensión Cociña do Lar reabría as portas na rúa Penas Forcadas do Barco de Valdeorras con Poldo á fronte.

 

Poldo está á fronte da Cociña do Lar.

 

Nesta nova etapa que se inauguraba onte, o local de hostalaría especialízase en cociña tradicional e ofrece un menú do día, cun prezo máis reducido pola semana, e unha gran variedade de tapas. Por encargo e con reserva, haberá tamén parrillada de mariscos, paellas, cabrito asado e arroz con bogavante.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button