DeportesÚltima horaVídeos

O rider rues Javier Fernández arranca a tempada de DHI participando no Descenso de Pazos, en Santiago

O barquense Juan Fernández era cuarto na categoría júnior

Javier Fernández Quiroga. /Foto: Manel Domínguez.

 

Na finde semana do 22 e 23 de abril arrancaba a tempada de DHI Galicia coa proba do X Descenso Cidade de Santiago, celebrado en Pazos, á que non faltou o rides rues Javier Fernández Quiroga.

A carreira tiña lugar na xornada do domingo, un día desapacible e con chuvia que non impediu que a afección desfrutara da natureza e dos descensos aínda que si que o valdeorrés fixera podio. Lograba o terceiro posto nos adestramentos libres do sábado pero na carreira sufría unha caída a tan só vinte metros da meta, rematando no quinto posto da clasificación. Na categoría júnior, o barquense Juan Fernández Mon era cuarto.

A seguinte cita para Javier será o día 28 en Portugal e de cara a maio, participará tamén no Descenso de Cabreiroá, en Verín, que está no punto de mira de todos os afeccionados.

Video de Javier no Descenso de Santiago: https://youtube.com/shorts/w1uHzTYMW-g?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button