En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Campionato de España de Descenso de augas bravas, no Sil

A representación ourensá na cita vén da man do Club Fluvial Barco, que é ademais organizador, e do Avión-Castrelo de Miño

Ás 15:30h. desta tarde de sábado 25 de maio poñíase en marcha no río Sil o Campionato de España de Descenso de Augas Bravas, na modalidade clásica individual, que á súa vez é tamén campinoato galego desta disciplina. A saída dábase dende Éntoma e a meta estaba situada na pasarela do Salgueiral, xa no Malecón do Barco.

Arredor das cinco e media principiaba a competición de patrullas clásica, é dicir, por equipos de tres padexeiros.

Nesta cita españolaa representación ourensá corre a cargo de dous clubs: o Fluvial Barco (que é ademais organizador xunto á Federación Española de Piragüismo) cuns quince padexeiros e o Avión-Castrelo de Miño con catro piragüistas na categoría de veteranos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button