O incremento do caudal co que baixa o río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras creceu de maneira considerable nas últimas horas. Así ás 17h. estaba activada neste punto a prealerta por desbordamento, segundo os datos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). Nun dos puntos da vila a auga alcanzaba as 18h. os 8,75 m e a 769,30 m3/s, e xa ás 21h. chegaba aos 8,91 m e baixaba a 808,1 m3/s. E a tendencia é a seguir subindo.
No outro dos puntos que controla a confederación acadaba tamén a prealerta pola inundación ao longo da tarde e ás 21h. chegaba aí aos 3,52. Tamén nesta zona a tendencia é a seguir subindo.
Fotos: A.R.
