ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O río Sil segue medrando e xa cubre a praia fluvial do Malecón do Barco

Nas últimas horas o caudal do río Sil ao seu paso polo Barco está a medrar de maneira importante. De feito, a primeira hora da tarde o seu curso xa cubría a praia fluvial do Paseo do Malecón nesta vila. Así se reflexa tamén nos datos recollidos polas estacións que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten no municipio.

Nunha delas pasábase dos 1,80 m de altura de caudal ás 11h. deste xoves 31 de xaneiro aos 1,80 m ás 17h. Na outra das estacións, os cifras subían dos 5,92 m rexistrados ás 11h. da mañá aos 7,21 m ás 17h. Ademais, segundo os datos da confederación a tendencia é que siga medrando. Por agora, aínda non se chegou ao nivel de activación da alerta por desbordamento.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button