ConcellosO BarcoÚltima hora

O río Sil volve estar en situación de prealerta por desbordamento ao seu paso polo Barco

 

A veciñanza do Barco volve mirar ao Sil con preocupación. Tras os descensos no seu caudal que se rexistraban nos dous últimos días, esta mañá a vila espertaba cun notable incremento no nivel das súas augas. De feito, segundo os datos publicados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, ás 12h. deste 20 de xaneiro, o río esta en situación de prealerta por desbordamento nun dos seus puntos e noutro en nivel de activación.

 

Fonte: CHMS.

 

Numerosas persoas achegábanse ao longo da mañá ao Paseo do Malecón para observar a nova riada do Sil, alimentada polas chuvias, polo aumento do caudal dos seus afluentes e tamén polo desxeo das nevadas.

Artigos relacionados

Back to top button